Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 3 Maio 2024.

Folga por un convenio digno no metal da provincia de Pontevedra

    CCOO, CIG e UGT convocan unha concentración este xoves ante a sede da patronal en Vigo e folga os próximos días 19, 20 e 22 de xuño, por un convenio digno no metal da provincia de Pontevedra.

    05/06/2023.
    De esquerda a dereita, Celso Carnero de CCOO, Xulio Fernández da CIG e Rubén Pérez de UGT.

    De esquerda a dereita, Celso Carnero de CCOO, Xulio Fernández da CIG e Rubén Pérez de UGT.

    As federacións de industria de CCOO, UGT e CIG informaron en conferencia de prensa da convocatoria de folga no sector do metal da provincia da Pontevedra en defensa dun «convenio digno». Desenvolverase os días 19, 20 e 22 de xuño, ante o inmobilismo da patronal.

    A representación sindical cualifica de «insultantes» e «irrisorias» as propostas da patronal e non ve un acordo antes do verán. A proposta patronal de incremento salarial dun 0,5 %, 2,5 % e 2,5 % para cada un dos tres anos de vixencia do convenio, sen cláusula de revisión, é inaceptable. «Apostamos por adaptar o convenio aos novos tempos, seguindo na liña que se marcou na Coruña, Ourense e Lugo», afirmaron os sindicalistas.

    CONCENTRACIÓN o venres, 9 de xuño 

    ⏰ 11:00 h

    📌 Patronal do metal ASIME

    Rúa do Doutor Corbal, 51, 36207 Vigo, localización 

    FOLGA 15, 20 e 22 xuño

    ⏰ de 6:00 h a 6:00 h